Cookies

Noticias 

Visita dos técnicos da Xunta de Galicia ao Centro Penitenciario da Lama

07/06/2016 | A Lama

O luns dia 6 de xuño, tres técnicos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia visitaron o  Centro Penitenciario  da Lama acompañados da nosa Presidenta Carmen Avendaño, do Director da prisión e da Subdirectora de Tratamento.

Ademais das instalacións da prisión, visitaron as actividades do Programa ITÍNERE, que se están a desenvolver  neste momento. O programa ITÍNERE desenvólvese a través do” Convenio de colaboración entre ou Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para ou desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos” dende o ano 2007.

Dende a Fundación agradecemos aos técnicos o seu tempo e que compartiran esta xornada de traballo con nos.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere