Cookies

Noticias 

© FEI | 19/02/2018 | Gonzalo Caballero durante a visita á Fundación Érguete-Integración

Gonzalo Caballero visita as instalacións da Fundación Érguete-Integración

No acto, ó que acudiron numerosos medios de comunicación, tamén estaban presentes Marta Freire, teniente alcaldesa de Moaña e Xesús Bouzas.

19/02/2018 | Vigo

Esta mesma mañá, o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero visitou, acompañado de Carmen Avendaño, as instalacións da Fundación Érguete-Integración. No acto, ao que acudiron numerosos medios de comunicación, tamén estaban presentes Marta Freire, tenente alcaldesa de Moaña e Jesús Bouzas.
 
Durante o percorrido visitaron os diferentes espazos da Fundación. O Secretario Xeral interesouse pola situación económica de Érguete, polo seu sistema de financiamento e pola realidade na cidade de Vigo en canto ao consumo de drogas se refire. Tras o percorrido e unha conversación distendida, tanto Carmen como Caballero atenderon aos medios.
 
A presidenta agradeceu a visita do líder dos socialistas galegos, xa que cre que é necesaria a implicación dos axentes políticos na loita social e pola integración, bases nas que se apoia a entidade que ela mesma fundou. 
 
Pola súa banda, Caballero encomiou a figura de Carmen Avendaño como muller coraxe e como referente no mundo asociativo, engadindo que non puido rexeitar a invitación da presidenta. Tamén trasladou o seu recoñecemento público á asociación e á fundación pola loita contra o dano que a droga e os narcos fixeron e seguen facendo na sociedade. 
 
Recalcou o apoio a Carmen Avendaño, en nome do PSdeG, ante a demanda de Oubiña, que "consideramos inxusta". Un xuízo que se celebrará o próximo día 27 e que contará co apoio de todo o equipo humano de Érguete no xulgado.
 
Gonzalo Caballero tamén lembrou o abandono que, segundo a súa opinión, o goberno de Feijoo está a exercer na sanidade pública galega e no financiamento a ONG similares a Érguete e instou aos populares galegos a participar e secundar a folga o próximo 8 de marzo en apoio á igualdade entre mulleres e homes.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias