Cookies

Noticias 

© FEI | 20/10/2017 | Visita exposición ''Na Beira'' de usuarios/as do Programa Itínere na Coruña

Visita PALEXCO. Exposición ''Na beira''

Dezaoito usuarios/as da Fundación Érguete-Integración, internos/as Itínere, visitan a exposición fotográfica Na Beira do Festival Mar de Mares.

20/10/2017 | A Coruña

Este martes 17 tivo lugar a exposición Na Beira de Cristina Mittermaier, realizada no PALEXCO e organizada por Crearte S.A.  Os participantes foron persoas usuarias do Programa Itínere, internos/as do Centro de Inserción Social da Coruña.

A exposición buscaba, a través de fotografías, concienciar á xente de problemáticas que afectan a todo o mundo, como son o cambio climático ou a contaminación, a través do estudo da costa e a relación que se produce entre a terra, as persoas e o mar. Seguindo a explicación do guía, as persoas asistentes fixeron un percorrido pola historia que a autora das fotografías quería transmitir.

A experiencia gustou á gran mayoría dos/as participantes, que amosaron interese en cada fotografía e fixeron preguntas para aclarar a información recibida e non gardarse ningunha dúbida.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere