Cookies

Noticias 

© FEI | 07/02/2018 | Clausura Actividades 2017

Almorzos Vigo Capacita na Fundación Érguete-Integración

Bicas, biscoitos e magdalenas caseiros todos os martes na Fundación

07/02/2018 | Vigo

Todos os martes, polas mañás, as persoas usuarias da Fundación, poden gozar dun almorzo diferente ao do resto da semana. E é que todos os martes, alumnos e alumnas do Obradorio Vigo Capacita de Operacións Básicas de Cociña, preparan doces caseiros para todas as persoas que se acheguen a gozar do xantar.
 
Ademais, este obradoiro tamén engloba outra modalidade, a de Restaurante-Bar, polo que os que se acheguen ao Local Calor-Café serán servidos por aprendices de camareiros para gozar da experiencia ao completo.
 
Non é a primeira vez que a Fundación Érguete-Integración colabora con este Obradoiro. O pasado 19 de decembro, participaron no Acto de Clausura das Accións Formativas 2017 que se celebrou nas instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Elaborouse un aperitivo feito e servido polos alumnos-traballadores das dúas Especialidades Formativas. Ao acto acudiron autoridades do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e representando a Erguete-Integración, a súa presidenta Carmen Avendaño.
 
O obradoiro de emprego Vigo Capacita IV, promovido polo Concello de Vigo e subvencionado pola Xunta de Galicia, abarca dúas Especialidades formativas: Operacións básicas de Cociña e Operacións básicas de Restaurante-bar. Os alumnos-traballadores estudan os contidos dos módulos formativos do Certificado de Profesionalidade de Cociña e de Restaurante-Bar, con clases teóricas e prácticas, á vez que realizan servizos ou obras externas ao obradoiro de emprego que han de reverter nun fin social. Ademais, tamén preparan eventos e catering para organismos públicos e entidades sen ánimo de lucro.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo