Cookies

Noticias 

© FEI | 11/10/2017 | Taller Viabilidade Idea de Negocio. A presidenta Carmen Avendaño, a ponente Inmaculada Rodríguez e a técnica de autoemprego Marta Alonso

Futuros emprendedores/as asistiron ao taller VIABILIDADE DA IDEA DE NEGOCIO

23 emprendedores/as asistiron a este taller organizado pola Fundación Érguete-Integración e impartido por Inmaculada Rodríguez Cuervo.

11/10/2017 | Vigo

Este luns 9 de outubro desenvolveuse o taller VIABILIDADE DA IDEA DE NEGOCIO na sede da Fundación Érguete-Integración, enmarcado nas actividades do Punto de Autoemprego Incorpora promovido pola Obra Social “la Caixa”, ao que asistiron 23 posibles emprendedores/as.

No que vai de ano este programa atendeu a 79 persoas con inquedanzas emprendedoras e asosorou e colaborou na creación de 20 novas empresas, 8 das cales recibiron financiación de Microbank, grazas ao acordo que a Obra Social “la Caixa” ten con dito banco para apoiar proxectos de autoemprego.

Inmaculada Rodriguez Cuervo, directora de Emociacción, que foi Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia (2001-2005) e na actualidade é auditora social, "emocionalista" e multi-empresaria, impartiu este taller de maneira desinteresada, ofrecéndolle os asistentes  as claves para que a sua idea de negocio sexa viable.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora