Cookies

Noticias 

© FEI | 08/05/2019 | Inicio taller fotografía e igualdade A Coruña

Iniciamos o taller de fotografía e igualdade na Coruña

Esta semana en Coruña comezamos o proxecto “Xeitos de Ver: Construíndo masculinidades positivas” impulsado polo Concello da Coruña a persoas internas no CIS

08/05/2019 | A Coruña

O proxecto “Xeitos de Ver: Construíndo masculinidades positivas” arrincou esta semana grazas ao apoio do Concello da Coruña, no Centro de Inserción Social da Coruña. O taller, no que participan 12 persoas, durará ata o 17 de xullo.

 

O proxecto pretende tratar a igualdade e a construción de masculinidades positivas a través dun taller de fotografía. Así, mesturando coñecementos técnicos e históricos da fotografía, prepararase ás persoas participantes para detectar, en saídas á rúa, comportamentos, elementos simbólicos, mobiliario urbano… que continúan non día a día reproducindo roles e estereotipos de xénero.

 

E como o proxecto non só pretende facer consciente desta situación ás persoas participantes para que sexan capaces de mudar esta situación, senón tamén de xeito conxunto á sociedade, as doce persoas participantes tamén recibirán unha formación básica de fotografía, para que a través de imaxes desta realidade poidan transmitir á sociedade estes roles e estereotipos detectados por elas e eles ao conxunto da cidadanía.

 

Co traballo resultante destas saídas á rúa realizarase unha exposición fotográfica.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere