Cookies

Noticias 

© National Geographic | 30/08/2019 | A oceanógrafa Sylvia Earle

Sylvia Earle, toda unha vida por e para a conservación dos océanos

A “dama das profundidades” cumpre 84 anos como unha pioneira e lenda viva, xa parte da historia polo seu gran aporte ao estudo e visibilización da contaminación mariña

30/08/2019

Este 30 de agosto de 2019 a bióloga mariña Sylvia Earle cumpre 84 anos. E moitos deles os leva adicados á súa paixón: o mar. Nada en 1935 en Nova Jersey, EEUU, cando tiña 12 anos a súa familia mudouse a Florida. Foi alí, vivindo xunto ao Golfo de México cando sentiu a chamada do océano. Tras a súa primeira clase de buceo quedou fascinada coa vida mariña e máis tarde estudiaría botánica na Universidade de California. Despois fixo a súa tese sobre as plantas do Golfo de México.


Comezaba así unha vida fascinante e unha carreira imparable. A comezo dos 70 organizou o primeiro equipo de mulleres que viviu baixo o mar, durante dúas semanas, nas Illas Virxes. A idea era probar a viabilidade dos laboratorios submarinos a longo prazo. Entre as conclusión do estudo, revolucionario polo seu aporte ao feminismo, estivo a comprobación da contaminación do corais, un feito contra o que loitou e o segue facendo Sylvia Earle. Tras este fito, pasou a ser recoñecida pola comunidade científica que seguiría con interese e asombro as inmensas viaxes que fixo durante a década. Mergullou polas principais illas do planeta e seguiu ás grandes baleas por lugares como Hawai, Nova Zelandia ou Alaska; nunha viaxe recollida en documental. Ademais, en 1979 alcanzou o récord de profundidade de buceo en solitario. Nos 80 chegou a ser co-creadora dunha empresa de vehículos mariños.

 

Heroína do Planeta
Considerada como unha das máis destacadas exploradoras do s.XX, con máis de medio centenar de exploracións como líder e miles de horas de inmersión, gañou a pulso o alcume de “dama das profundidades”.


Tras comprobar nas súas exploracións a contaminación que estaban a sufrir, comprometeuse coa protección dos océanos divulgando a necesidade de cuidalos. Con este obxectivo realizou numerosos documentais con National Geographic, da que aínda é exploradora residente, e participou nun gran estudo dos danos causados por varios derrames de petróleo. En 1990 foi designada científica xefa da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de Estados Unidos durante dous anos e agora compaxina a súa labor en National Grographic coa presidencia de The Sylvia Earle Alliance (SEAlliance)/Mission Blue, que puxo en marcha en 2008. Un ano despois foi premiada con recoñecido TED Prize. Non obstante, un dos grandes momentos da súa carreira produciuse en 1998, cando foi portada da revista Time, que declarou a Sylvia Earle “Heroe do planeta”.

 

Esta pioneira da exploración do océano escribiu uns 200 artigos científicos sobre bioloxía mariña, á que segue a dedicar unha vida na que a través da súa labor como científica, bióloga, docente e exploradora quixo comunicar e visualizar o grave problema de contaminación e destrución dos ecosistemas. Conta con máis de 100 exploracións, participación en decenas de documentais, deu conferencias en case un cento de países... unhas cifras incribles para una muller que xa pasou á historia.


Entre os seus últimos galardóns está o Premio Princesa de Asturias da Concordia 2018 e segue a colleitar numerosos e ben merecidos recoñecementos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia