Cookies

Noticias 

© FEI | 06/06/2016 | Momento dunha das charlas do encontro

Servizo solidario Programa Reincorpora-Vigo. Encontro-participación E-Cidadanía Inclusiva

Non pido axuda, esixo os meus dereitos.

06/06/2016 | Santiago de Compostela

O venres 3 de xuño  os alumnos do Programa  Reincorpora que participan no Punto Formativo Incorpora de  limpeza de cristáis e superficies de inmobles,  realizaron o servizo solidario. Nesta ocasión acudiron ao VII Encontro de Participación e Cidadanía Inclusiva,  xornada de formación de persoas en risco de exclusión social para a participación, organizado por EAPN- Galicia, este ano baixo a lema de “non pido axudas, esixo os meus dereitos”.

Con máis de 90 participantes de diferentes ONG de toda Galicia, a xornada abriuse coa intervención de Milagros Otero, Valedora do Pobo de Galicia , quen explicou por que e como defender os nosos dereitos. Posteriormente  interviu Luís Barreiro, docente de Dereito da Escola Universitaria de Traballo Social  da USC,  quen falou de dereitos humanos.

A partir destas dúas intervencións abríronse os grupos de traballo, que se orientaron sobre que son para nós os dereitos fundamentais e onde  acudir a reclamalos.

Despois dunha parada para xantar todos xuntos e onde cada participante levou un postre  para compartir, renováronse os grupos de traballo. Para finalizar a xornada, cada grupo a través dos seus voceiros  fixeron unha posta en común do traballo realizado nos talleres.

A xornada pechouse con “Sonos e Zapatos” unha peza do grupo de teatro DIVERSOS.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora