Cookies

Noticias 

© @unsplash | 06/09/2019 |

O alumnado do proxecto Abeiro realiza unha campaña de sensibilización no Centro Penal da Lama

Con motivo do Día Nacional para a Prevención do Suicidio, o alumnado participante no Proxecto ABEIRO – Auxiliar de Psiquiatría – realiza unha campaña de difusión e sensibilización dentro do Centro.

06/09/2019 | A Lama (Pontevedra)

O 10 de setembro, Día Mundial para a Prevención do Suicidio, foméntanse en todo o mundo compromisos e medidas prácticas para previr os suicidios. Cada día hai en media case 3000 persoas que poñen fin á súa vida, e polo menos 20 persoas tentan suicidarse por cada unha que o consegue (extraído da web www.who.int).


As persoas participantes no proxecto ABEIRO na Lama, propuxeron contribuír a este día cunha campaña de difusión e sensibilización dentro do Centro Penal. Para isto, realizarán uns carteis tipo colaxe en grupo, supervisados e guiados polo seu docente Rocío Louzao, posteriormente distribuirán a cartelería polo centro, situándoos en zonas comúns para que todos os internos e internas con interese por esta temática poidan dispoñer da información.


O mesmo día, pero xa en horario de tarde, realizaremos un programa de radio na Lama, comentaremos o libro de Álvaro Colomer “Os bosques de UPSALA”, charlaremos sobre o Proxecto ABEIRO e a función e figura do Interno-a de apoio dentro dun Centro Penal.

 

                          

 

                           

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere