Cookies

Noticias 

Participación no seminario Prevención de calidade. Calidade en Prevención

11/12/2019 | Madrid

A avaliación da anterior Estratexia Nacional sobre Drogas 2009 - 2016 resalta que España conta cunha longa traxectoria no ámbito da prevención de adicións, pero propón tamén unha serie de recomendacións de mellora que se recollen na vixente Estratexia Nacional sobre Adicións 2017-2024 e o seu Plan de Acción 2018-2020.

Para iniciar este proceso de mellora, desde o Plan Nacional sobre Drogas financiase este Seminario de formación “Prevención de calidade-calidade en Prevención”, que presenta a Asociación de Técnicos para o Desenvolvemento de Programas Sociais-ADES.

Adela Uriz Corrales, coordinadora do programa Sisifo, participa na segunda xornada, presentando o traballo que se desenvolve desde este programa, na mesa III: Área Prevención Selectiva e Indicada: evidencia e experiencia.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo