Cookies

Noticias 

Convocatoria de premios de responsabilidade social empresarial de Galicia

ORDE do 10 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios de responsabilidade social empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) para o ano 2016.

29/06/2016 | Vigo

O 29 de xuño publicouse no DOG unha orde que ten por obxectivo aprobar as bases reguladoras e convocar os premios de responsabilidade social empresarial de Galicia, e que podes consultar aquí. Poderán optar as empresas públicas ou privadas galegas, ou que conten con centros de traballo en Galicia que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolvan actuacións responsables. O prazo de presentación das candidaturas é dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG.

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa