Cookies

Noticias 

© FEI | 18/04/2016 | Algunhas das dinámicas realizadas

Taller de busca de emprego

Resolución de conflitos na contorna laboral.

18/04/2016 | Vigo

Hoxe desenvolvemos a  nosa primeira sesión de traballo, o grupo estivo integrado por 8 persoas participantes no Punto Formativo Incorpora , "Axudante de Catering".

Os conflitos son algo inevitable e forman parte do noso día a día, non existen conflitos negativos nin positivos pero si malas estratexias de xestión.

Escoitar activamente, porme en lugar da outra persoa, buscar tempo e espazo adecuado para dialogar ou tomar a iniciativ,a son boas estratexias para liquidar situacións que xeran discordancia.

Evitar a ironía, a acusación, a descualificación ou falar en primeira persoa sen tomar en conta como sente a parte contaría, contribúe a elevar a tensión e por tanto non xera un ambiente positivo ou de entendemento.

Durante a sesión de hoxe, realizamos varias dinámicas onde o alumnado  puxo en práctica as técnicas de resolución máis apropiadas á situación simulada.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora