Cookies

Axenda de actividades

ACTIVIDADE: Programa REINCORPORA INOUT

O Centro Penal de A Lama desenvolve o primeiro proxecto de formación-servizo dentro do Programa REINCORPORA. 

13/03/2017 - 21/07/2017 | A Lama (Pontevedra)

Dezaseis persoas participan no itinerario de inserción sociolaboral IN OUT no Centro Penal da Lama. Formaranse na rama da xardinaría e o paisxjismo a través do Curso ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINARÍA.

Transversalmente levarase a cabo un obradoiro de posicionamento ante o emprego e desenvolvemento de habilidades para a incorporación social e laboral, a duración estimada é de 4 meses.

Finalizada esta primeira fase, progresarán a medio aberto (Centro de Inserción Social "Carmen Avendaño Otero" en Vigo), para completar a formación oficio cunha segunda acción formativa, prácticas na empresa e procura activa de emprego. Esta fase terá unha duración de  seis meses.

Lugar de celebración:

Centro Penitenciario A Lama

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora