Cookies

Noticias 

© FEI | 11/10/2016 | Programa REINCORPORA. Coñecendo a senda azul do Río Lagares. Outubro 2016.

Coñecendo a senda azul do Río Lagares

11/10/2016 | Vigo

A semana pasada, aproveitando que aínda gozamos dunha temperatura agradable, e como parte dunha actividade de lecer saudable, un grupo de persoas do Programa Reincorpora e os seus docentes, saímos de ruta pola Senda Azul do Rio Lagares.

Empezamos o noso traxecto na Avd. Madrid; o paseo fluvial do río Lagares atravesa todo o municipio. Ao longo do percorrido atopamos patos salvaxes, gran variedade de vexetación, incluso unha ponte medieval. Continuamos ata o parque de Castrelos onde realizamos unha pequena visita aos xardíns do Museo Quiñones de León.

Cada participante elixiu o seu modo de gozar do carreiro, uns en bicicleta e outros camiñando, o importante pasalo ben sen gastar diñeiro, realizar exercicio e coñecer a nosa contorna.

Deixámosvos imaxes da nosa tarde.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora