Cookies

Noticias 

© FEI | 23/05/2016 | De dereita a esquerda Sergio Cantalejo Díez, Gael González, Eva Gil, Ana Alvarez e María Rodríguez antes de inicarse as probas.

Examen de Competencias Clave en CP A Lama-Pontevedra

A Fundación Érguete-Integración presenta a 15 persoas á proba de Competencias Clave de nivel II.

23/05/2016 | A Lama

O luns 23 de maio no Centro Penal da Lama tivo lugar a proba evaluativa de Competencias Clave Nivel II, á cal se presentaron 15 persoas privadas de liberdade neste centro.

Durante tres meses, estiveron recibindo clases presenciais de Matemáticas, Lingua Galega e Castelá a través do apoio que Fundación Érguete-Integración lles facilitou cunha experta docente, Eva Gil Rodríguez.

Tendo en conta as circunstancias sociais e persoais do grupo foi primordial a colaboración coa Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, xa que non poden abandonar o Centro Penal para examinarse na convocatoria oficial convocada o 21 de maio en Silleda.

Queremos agradecer a Sergio Cantalejo Díez, Xefe de Servizo de Observatorio do Emprego, pola súa colaboración e axuda, a cal fixo posible que hoxe 15 persoas estean máis preto de conseguir unha formación con Certificado de Profesionalidade.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere