Cookies

Noticias 

© FEI | 23/03/2018 | Maite Pena, Técnica de igualdade da Fundación Érguete-Integración

Aprobación I Plan de Igualdade

O Plan recolle o noso compromiso de seguir contribuíndo socialmente á igualdade entre homes e mulleres con accións de sensibilización e formación

23/03/2018 | Vigo

O pasado 19 de marzo de 2018 aprobouse o I Plan de Igualdade da Fundación Érguete-Integración. Xa dende fai anos estábanse implantando medidas nesta dirección, por iso decidiuse formalizar o Plan e facer un diagnóstico dende a perspectiva de xénero para concretar as medidas a implantar.


Este I Plan de Igualdade foi aprobado pola Comisión de Igualdade composta de forma paritaria por representantes da entidade e representantes do persoal.


A creación deste Plan foi posible grazas ó compromiso da dirección e a través das subvencións que o Instituto da Muller e de Igualdade de Oportunidades ofrece a pequenas e medianas empresas e a outras entidades para a elaboración e implantación destes plans.


Neste I Plan de Igualdade están expostas numerosas medidas entre as que destacamos a de facilitar a conciliación e asistencia a formación a través da flexibilidade horaria, a aprobación dun protocolo de acoso sexual ou por razóns de sexo ou o fomento dunha comunicación inclusiva que visibilice por igual a homes e mulleres.


Tamén este Plan recolle o noso compromiso de seguir contribuíndo socialmente  á igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero levando a cabo accións como sensibilizar en igualdade de oportunidades ó persoal do programa Coidadores/as de Barrio e atención á cidadanía ou tendo en conta a variable de xénero nos nosos programas e accións formativas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Área de Igualdade