Cookies

Noticias 

© FEI | 27/11/2019 | Encontro cos medios do Punto de Autoemprego de Galicia

O programa Punto de Autoemprego Incorpora asesora na creación de 25 empresas durante o 2019

A Fundación Érguete-Integración atendeu ao longo do 2019 a 98 persoas interesadas no emprendemento das cales 26 crearon o seu propio posto de traballo co asesoramento e apoio do Punto de Autoemprego Incorpora

27/11/2019 | Vigo - Pontevedra

O Punto de Autoemprego Incorpora, promovido pola Obra Social la Caixa e xestionado pola Fundación Érguete-Integración para o Grupo Incorpora Galicia, atendeu durante o 2019 a 98 persoas interesadas no emprendemento das cales 26 foron quen de crear o seu propio posto de traballo.


O programa naceu en xaneiro de 2016 co obxectivo de contribuir á inserción sociolaboral dos colectivos máis desfavorecidos dando apoio a proxectos de autoemprego. As persoas participantes beneficianse do asesoramento e acompañamento personalizado da nosa Técnica de Autoemprego, Marta Alonso Lorenzo, antes, durante e despois de iniciada a actividade económica facilitando ademáis o acceso a financiación inicial mediante un acordó con Microbank.


No 2019 destacar entre outros datos que: tutorizáronse 29 plans de empresa; creáronse 25 empresas sendo 26 as persoas insertadas sociolaboralmente no autoemprego; 50 persoas recibiron diversos asesoramentos en axudas e trámites relacionados; 14 empresas xa creadas solicitaron axuda do programa; 21 proxectos conseguiron a financiación necesaria para a posta en marcha do seu negocio 20 dos cales gracias ao Microcrédito Convenio Entidades de Microbank ascendendo o importe financiado durante o 2019 a 354.519€ resultando aprobadas o 87% das solicitudes presentadas.


O perfil das persoas atendidas corresponde a un 55% de mulleres e un 45% de homes; por idades o 56% está comprendida entre os 30 e os 45 anos, o 26% son menores de 30 e o 18% son maiores de 45 anos.


Ao longo deste ano temos comprobado que o 65% das empresas creadas co asesoramento do PAI continúa coa actividade despois do ano.


Os sectores de actividade son moi variados sendo maioritarios os negocios de hostalería, comercio, perruquería e estética, kioscos e herboristerías.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora