Cookies

Noticias 

© FEI | 14/05/2019 | Encontro organizado polo Concello da Coruña para explicar os 'Orzamentos Participativos'.

Encontro 'Orzamentos Participativos' na Coruña

O Concello da Coruña, xunto coa Fundación Érguete-Integración,  organiza un encontro sobre os orzamentos participativos para persoas en réxime de semiliberdade

14/05/2019 | A Coruña

Este luns, 13 de maio, o Concello da Coruña organizou un encontro a demanda da Fundación Érguete-Integración para persoas que residen no Centro de Inserción Social da Coruña coa finalidade de explicar o procedemento dos orzamentos participativos.


Ao encontro asistiron once persoas empadronadas na Coruña e interesadas en presentar algunha proposta.


Ismael e Marta, foron as persoas responsables da organización do encontro e de ensinar aos asistentes o procedemento para rexistrarse nesta páxina web, poder presentar as propostas (ata o 21 de maio) e votalas na fase seguinte.


Gustaríanos agradecer a Ismael e Marta a dinamización que fixeron do encontro, presentando un proceso, co que non están familiarizados, dun xeito ameno e con dinámicas moi participativas.


As persoas que asistiron ao encontro mostráronse moi interesadas e participativas, e incuso ao final da sesión saíron algunhas propostas interesantes que poderían chegar a ser presentadas. Iremos informando se algunha das nosas ideas sae adiante.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere