Cookies

Noticias 

© FEI | 23/11/2020 | Proxecto DANA en Vigo

Mulleres participantes no DANA de defensa persoal comparten as súas historias polo 25N

"Acorrálate e sistemáticamente colle a idea de que non te podes defender polo que perdes valentía, faite ser débil, faite pequeniña e te deixas"

24/11/2020 | Vigo | A Coruña

Neste 2020 naceu o programa DANA da Fundación Érguete-Integración, un proxecto que combina aspectos técnicos da defensa persoal xunto con ferramentas psicoemocionais.

Así as cousas, son moitas as mulleres participantes no programa DANA que nalgún momento da súa vida sufriron algún tipo de violencia. No marco da celebración deste 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres, varias das mulleres participantes neste programa dan a coñecer a súa historia.

Pilar ten 55 anos, foi maltratada e agora participa no programa xunto á súa amiga Yolanda. Nunha entrevista, explica que levaba un tempo "de baixón", polo que, da man da súa amiga, decidíu dar un cambio á súa vida e acudir ao Ciber da Fundación Érguete-Integración e participar no DANA, o que considera "moi útil" para defenderse de situacións de maltrato e dos posibles perigos da zona onde vive.

A súa amiga Yolanda, que tamén está a recibir orientación laboral, traslada que sufríu unha paliza e o seu obxectivo no programa DANA é "non repetir, pero se se repite, saber actuar". "Ademais libero enerxía e fago exercicio", resalta.

Pola súa banda, Alexandra confirma que moitas das mulleres participantes do programa son ou foron víctimas de maltrato. Así conta a súa experiencia: "Ante un home sínteste pequena, acorrálate e sistemáticamente colle a idea de que non te podes defender polo que perdes valentía; faite ser débil moralmente, faite pequeniña e te deixas".

En contraposición a esta situación, pon en valor a motivación e fortaleza que lles da o seu profesor do DANA, Antonio, e destaca que están aprendendo a coller "fortaleza física para poder defenderse e escapar, e mental para ter esa valentía". "Aprendemos a coller forza e a ser capaces de enfrentalos e dicir non", conclúe.

“Hai que pedir axuda”

Conchi, que ten 63 anos de idade, comenta que tamén tivo una experiencia de maltrato anos atrás e asegura sobre o programa DANA: "Chego a saber isto e non me pasaba". Sobre o profesor, asegura que lles da "forza", lles "encamina" e "apoia", dalles seguridade.

Na Coruña, Margareth asegura tamén que con este programa nota que gañou “seguridade” e capacidade de autodefensa: “Traballamos moito o desenvolvemento persoal e profesional, e estame axudando a identificar posibles agresións e aprender o que son agresions, que non só é que che peguen”.

Para as mulleres víctimas de violencia de xénero, traslada unha mensaxe positiva de que “todo na vida pódese superar, e con forza, vontade e constancia todo é posible”. “Pódese perder o medo ás persoas e ás dificultades que che poidan ir aparecendo e pódense superar os malos momentos: Hai que pedir axuda, que hai persoas que poden e queren axudarte”, sela.

“Falamos de vida ou morte”

O profesor do programa DANA en Vigo aclara que él non lles ensina ás participantes defensa persoal senón a salvar as súas vidas: “No momento no que te agarren, usar calquera cousa como arma, teñen que actuar en décimas de segundo e teñen que interiorizar e automatizar os movementos e preparase para que sexan capaces física e psicolóxicamente”.

Segundo explica, nas clases as mulleres cóntanlle as súas experiencias e agresións sufridas. “Pregúntaste, ¿de verdad pasa aquí en Vigo? Non falamos de que che peguen dúas bofetadas, falamos de vida ou morte. Foi o que me enganchou, a cruda realidade”, comenta.

Asegura que a meta é ensinar a estas mulleres a que teñan autoestima, constancia, seguridade e que poidan vivir tranquilas, que se poidan defender, sexan mulleres maltratadas ou non. “Se isto non se publica é unha actividade pantasma e as mulleres a necesitan moitísimo, as que non foron agredidas tamén”, recalca.

Neste senso, indica que as mulleres cuestionan como lle van clavar unha chave no pecozo ao agresor, ao que él responde contundentemente que teñen que salvar a vida, xa que é “o máis preciado” que teñen. “As ensino a vivir ou matar, é crudo pero en situacións límite é así, o agresor que che vai agredir non sabes o que vai facer, tes que actuar, non podes dialogar cunha persoa que che quere agredir, non podes baixar a garda, tes que pensar en que vai pasar o peor, é mellor previr que lamentarse”, sela.

Proxectos para mulleres da Fundación

A Fundación Érguete-Integración ten en marcha varios programas específicos para mulleres. A través destes proxectos, atendeu no que vai de ano a case 140 mulleres.

Así, 53 mulleres participaron no proxecto E.V.A. (Emprego - Visibilidade - Autonomía), financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Este proxecto cubre as actividades que xurden ante as necesidades da poboación femininina reclusa. Algunhas destas mulleres participaron tamén no Taller Comunicadas e no Curso de Auxiliar de Xeriatría.

Outras 16 mulleres participaron no proxecto Capacitadas, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e que consiste en capacitar para o emprego a mulleres privadas de liberdade mediante un Curso de Xeriatría e Xerontoloxía.

Nos talleres de e-Administración dirixidos a mulleres nos que colabora o Concello de Vigo participaron 32 mulleres, que se formaron en informática e competencias dixitais para o seu acceso á administración electrónica.

Finalmente, un total de 38 mulleres, 16 na Coruña e 22 en Vigo, participaron no programa DANA de defensa persoal e apoderamento das mulleres, un programa financiado coas subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > IGUALDADE > Proxecto DANA