Cookies

Noticias 

© FEI | 01/06/2017 | Taller medioambiental para o San Xoan na Coruña

Taller medioambiental para o San Xoan

Un grupo de usuarios da Fundación participa activamente na campaña medioambiental do Concello para San Xoan.

01/06/2017 | A Coruña

Un grupo de usuarios da Fundación Érguete-Integrción, internos no CIS Coruña, seguen colaborando con “MÓLLATE”, a campaña medioambiental que o Concello organiza en torno á celebración do San Xoan.

Anteriormente contabámosvos como este grupo recibía unha charla sobre a contaminación nos océanos e participaban nunha choiva de ideas para evitar os residuos en devandita festa.

Nesta ocasión, e continuando coa colaboración, onte, o 31 de maio, os/as voluntarios/as participaron xunto con estudantes de animación sociocultural do Instituto de F.P. Angel Casal, nunha sesión práctica reciclando botellas de plástico e converténdoas en pixes. Tamén se crearon con bolsas recicladas mantas de plástico. Ambas producións utilizaranse para a campaña que se levará a cabo nas rúas da Coruña os días previos ao San Xoan.

Polo que a colaboración continúa e teremos que esperar a ver con que nos sorprenden…
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere