Cookies

Noticias 

© FEI | 11/05/2017 | Olga Romasanta Iglesias, traballadora de Crearte, impartindo o obradoiro para os usuarios/as do CIS

Acción educativa sobre a contaminación nos océanos

Vinte e seis usuarios de Érguete, intern@s no CIS Coruña, participan na campaña do Concello da Coruña contra a contaminación na celebración de San Xoan

11/05/2017 | A Coruña

Onte, mércores 10 de maio, tivo lugar a acción educativa en defensa dous océanos “MÓLLATE”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, no Centro de Inserción Social (C.I.S) con usuarios da Fundación Érguete.

O taller consistiu en dúas partes: a primeira, na que Olga, a educadora, tratou o tema da contaminación dos océanos e de cómo a celebración da festa de San Xoan e o exceso de residuos que nela se produce contribúe a engrosar o problema.

Nunha segunda parte, invitouse aos participantes a expoñer ideas ou accións que eles crían necesarias que o Concello levase a cabo para previr o lixo nas praias ese día.

Finalmente e dado o interese mostrado por parte de todos, escollerase a un par de voluntarios/as, que xunto cos voluntarios/as doutras entidades e os responsables do obradoiro expoñerán ao equipo da Concejalía de Medio Ambiente as súas ideas.

A implicación dos alumnos fixo que moitos deles quedasen en participar como voluntarios nas accións que finalmente levásense a cabo en la campaña medioabiental.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere