Cookies

Noticias 

© FEI | 09/09/2016 | Momento da exposición da nosa experiencia

Xornada de autoformación para ONG de desenvolvemento

Proxecto Novos: Reeducar a través da terapia animal.

09/09/2016 | Santiago de Compostela

O pasado 6 de setembro tivo lugar unha Xornada de Autoformación para ONG de Desenvolvemento. O encontro formativo promovía o intercambio de experiencias e saber entre as diferentes ONGD, para o que se organizaron distintos espazos para a exposición e intercambio de iniciativas vinculadas a novas liñas de intervención. A Fundación Érguete-Integración presentou na ágora de experiencias,a colaboración que mantén desde 2015 co Refuxio de Animais de Cambados.

A nosa experiencia tivo unha gran acollida entre as persoas asistentes, suscitando especial interese o traballo que Olga (Técnica en terapia asistida) e Maxi (Adestrador de cans de terapia e asistencia) realizan co grupo de mozos. En colaboración co Refuxio desenvolvemos o módulo de adestramento Pro Social dentro do Proxecto de Mozos que desde 2014 realizamos no Centro Penal da Lama (Pontevedra).

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere