Cookies

Noticias 

© FEI | 18/04/2016 | Equipo no Centro Penitenciario de Teixeiro

Inicio do Servizo á Comunidade INOUT 2016 no Centro Penitenciario Teixeiro

Servizo que levamos a cabo en colaboración coa oficina Técnica de Voluntariado da Universidade da Coruña, e que se desenvolve cos participantes do Programa Reincorpora InOut.

18/04/2016 | Teixeiro

Este sábado 16 de abril comezou  o servizo á comunidade no Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) que a Fundación Érguete-Integración, en colaboración coa Oficina Técnica de Voluntariado da Universidade da Coruña, está a levar a cabo cos participantes do Programa Reincorpora  InOut,  un programa de inserción sociolaboral promovido pola Fundación Bancaria “La Caixa”.

A actividade constará de dúas partes, a primeira, que se desenvolverá durante os dous seguintes sábados, consistirá na preparación entre ambos colectivos, dunha xornada de sensibilización ambiental dirixida aos mozos que participarán na celebración da Noite de San Xoan  o próximo 23 de xuño.

Na segunda parte da actividade, os voluntarios apoiarán aos participantes do InOut no seu proceso de inserción laboral, impartíndolles uns talleres sobre a correcta elaboración dun currículo e unhas dinámicas sobre cómo realizar unha entrevista de emprego.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora