Cookies

Noticias 

© FEI | 13/05/2019 | Primeira xornada do Curso de Auxiliar de Loxística.

Inicio do curso de Auxiliar de Loxística na Fundación Érguete-Integración

13/05/2019 | Vigo

Este luns, 13 de maio, deu comezo a o Curso de Auxiliar de Loxística xestionado pola Fundación Érguete-Integración dentro do seu programa Punto Formativo Incorpora.


A formación terá un total de 300 horas, que abarcan desde o 13 de maio ata o 24 de xullo. O total de horas do curso inclúe unha parte dedicada aos coñecementos teóricos que se impartirá na propia sede da entidade na Avda. Martinez Garrido 21, interior, Vigo. Non obstante, no caso da formación en carretilla elevadora, a posta en práctica do aprendido nas clases teóricas se realizará no Banco de Alimentos de Vigo.


Ademais, o curso tamén conta con prácticas non laborais en empresa.


Nestas primeiras sesións o alumnado aprenderá que son e como se traballan as competencias transversais. En concreto, nesta xornada inaugural, están a tratar un tema tan importante como é a autoestima e o concepto dun mesmo. A partir do día 20 de maio, iniciarán a materia específica de Auxiliar de loxística.

 

Deste xeito, o alumnado do curso recibirá una completa formación na que se complementa a parte teórica e práctica. Todo isto co obxectivo final de axudar e favorecer a súa inserción no mercado laboral.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Punto de Formación Incorpora