Cookies

Axenda de actividades

Inicio proxecto Abeiro no Centro Penal Pereiro de Aguiar

10 persoas privadas de liberdade formaranse como internos/as de apoio

01/04/2019 - 22/07/2019 | PEREIRO DE AGUIAR (OURENSE)

Un grupo de 10 persoas privadas de liberdade formaranse como Auxiliares de Psiquiatría a través do Proxecto ABEIRO, mediante o cal, recibirán non só unha formación con titulación homologada, senón que adquirirán as competencias técnicas necesarias para desenvolver a función de Interno/a de apoio dentro do centro.

 

Durante catro meses o grupo participante recibirá clases presenciais de man dunha experta docente no ámbito da saúde, ademais participarán en sesións de adestramento en competencias sociais e formación pre-laboral.

 

O proxecto está financiado a través de Fundación Barrié e Fundación Roviralta

 

 

 

 

A través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

Lugar de celebración:

Centro Penal

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere