Cookies

Axenda de actividades

© Unsplash | 11/07/2019 | O luns 15 de xullo comeza no C.P. A Lama o Proxecto Abeiro

Inicio Proxecto Abeiro no Centro Penal A Lama

10 persoas privadas de liberdade formaranse como internos/as de apoio

15/07/2019 - 30/10/2019 | A Lama (Pontevedra)

Un grupo de 10 persoas privadas de liberdade formaranse como Auxiliares de Psiquiatría a través do Proxecto ABEIRO, mediante o cal, recibirán non só unha formación con titulación homologada, senón que adquirirán as competencias técnicas necesarias para desenvolver a función de Interno/a de apoio dentro do centro.

Durante catro meses o grupo participante recibirá clases presenciais de man dunha experta docente no ámbito da saúde, ademais participarán en sesións de adestramento en competencias sociais e formación pre-laboral

Co apoio e financiamento de Fundación Barrié e Fundación Roviralta pechamos o ano con este 3º Proxecto dentro do Convenio de Colaboración que a Fundación Érguete - Integración subscribiu con ambas entidades.

 

                              

A través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

Lugar de celebración:

Centro Penal A Lama

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere