Cookies

Noticias 

O Programa Itínere presenta o seu informe de rendemento anual

15/06/2016 | Vigo

A Fundación Érguete-Integración,  ten subscrito un convenio de Colaboración co Servizo Galego de Saúde desde o ano 2007 a través do cal desenvolve o Programa ITINERE, para a incorporación social e laboral de persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarceración.

Durante o primeiro semestre do ano 2016, atendeuse a 334  persoas, 197 internos e internas teñen deseñado un itinerario persoalizado de inserción, o que mellorou o seu perfil de empregabilidade, facilitando a incorporación laboral a 16 penados e penadas en proceso de excarceración nos Centros de Inserción Social de Vigo e A Coruña.

Aínda nos quedan moitos meses de traballo por diante, durante os que continuaremos facilitando o acceso á formación e o emprego á nosa poboación penal para garantir  a súa reinserción.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere