Cookies

Achégate

Achégate
Servizo de apoio especializado en xénero

ACHEGATE é un servizo de apoio especializado en xénero, que xurde da necesidade de dotar aos programas que desenvolve a entidade dun servizo específico de información, asesoramento, mediación, atención, tramitación e acompañamento ás mulleres, así como ás vítimas de violencia de xénero, para facer unha intervención global que permita a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

 

Trátase dun Servizo de atención directa e individualizada, co obxectivo de detectar necesidades, estudar casos concretos, valorar demandas e levar a cabo unha intervención baseada na información, orientación e asesoramento dende os recursos propios da entidade como a derivacións a recursos externos, apoio en trámites administrativos e acompañamentos puntuais.

 

A finalidade última desta iniciativa é Incrementar as posibilidades de incorporación social e laboral das mulleres participantes nos distintos programas e servizos que ofrece a Fundación Érguete-Integración.


Os obxectivos específicos son:
- Crear un servizo de apoio especializado en xénero para o conxunto dos programas.
- Mellorar as habilidades persoais e sociais das mulleres participantes.
- Mellorar as expectativas de éxito na incorporación laboral das participantes.

 

Para poder acadar estes obxectivos, lévanse a cabo unha serie de actuacións:
1. Servizo de atención, orientación e información.


2. Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade/obradoiros grupais.


3. Medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade. 

 


Persoa responsable do programa Maite Pena

Contacto 986253176 ou itinere.tecnica@gmail.com

 

 

                                                   

 

 

 

A través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia