Cookies

Punto de Formación Incorpora

Punto de Formación Incorpora
Competencias transversais e formación ocupacional para o emprego e autoemprego, con prácticas non laborais en empresas

Financiados pola Fundación "la Caixa", o obxectivo dos Puntos de Formación Incorpora é conseguir a mellora do perfil profesional de persoas en risco ou situación de exclusión social, vulnerables e/ou con maiores dificultades de acceso ao emprego. Estas persoas teñen que ser derivadas desde algunha entidade que participe no programa Incorpora.

No deseño e impartición das actividades formativas implícase ás empresas e tense en conta as características do mercado de traballo.

Cada programa do Punto de Formación Incorpora componse das seguintes actividades:

  • Traballo en competencias transversais, (adaptabilidade, autocoñecemento, xestión das emocións, comunicación, xestión do tempo, imaxe persoal, resolución de conflictos, traballo en equipo, responsabilidade e relación interpersoal), que se leva a cabo de forma grupal así como a través de sesións individuais.
  • Formación en capacitación técnica (profesións).
  • Formación informática, busca de emprego e emprendemento.
  • Prácticas non laborais en empresas.
  • Orientación laboral, tanto durante o proceso formativo como tras a súa finalización.

As especialidades levadas a cabo ata o momento son as relativas a Auxiliar de operacións de almacén e loxística, Limpeza de cristais e superficies de inmobles, Axudante de mecánica de automóbil, Axudante de catering, Axudante de panadería, Axudante de restaurante-bar, Operacións de limpeza en establecementos hoteleiros, Auxiliar de industrias procesadoras de produtos da pesca, Auxiliar de comercio e reposición, Auxiliar de Xardinaría e Coidado e acompañamento de prsoas dependentes, entre outas..

 

Solicita máis información no teléfono 986 253 176, ou mediante o mail erguete.pfi@gmail.com; tamén podes acudir ás nosas instalacións.

 

Persoa de contacto: María Esteban Campos