Cookies

Itínere

Itínere
Incorporación social e laboral de persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarceración

Traballamos coas persoas privadas de liberdade, de forma conxunta, para que poidan adquirir e completar a súa formación, desenvolvemento e habilidades profesionais.

Intervimos nos Centros Penais da Lama (Pontevedra), Teixeiro (A Coruña) e Pereiro de Aguiar (Ourense), nos Centros de Inserción Social de Vigo e A Coruña, e na propia sede da entidade (Vigo).

O programa Itínere lévase a cabo con financiación do Servicio Galego de Saúde a través dun convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos, e, por tanto, ten un carácter gratuíto e universal.

As actividades que realizamos son:

  • Servizo de Orientación Sociolaboral: deseño de itinerarios personalizados de inserción, titorías individualizadas, seguimento,  acompañamento e seguimento durante o proceso de incorporación laboral e social.
  • Apoio Psicosocial: acompañamento nas xestións sanitarias, administrativas e xudiciais . Supervisión e apoio no proceso de independencia (procura de vivenda, economía doméstica, xestión do tempo....)
  • Obradoiros de Competencias Dixitais, Competencias Sociolaborais e Habilidades Sociais: colaboramos na achega das persoas participantes á contorna dixital, facilitando o uso e manexo destas ferramentas para a procura laboral e as xestións da vida cotiá; deseñamos as ferramentas para realizar a procura laboral e establecer o seu obxectivo profesional, así como o plan persoal para alcanzalo. Trátase de facilitar o proceso de transición entre o tempo de privación de liberdade e o acceso ao mercado laboral.
  • Proba de Competencias Clave Nivel 2, preparamos a un grupo de homes e mulleres privados de liberdade para obter o seu certificado en lingua castelá, lingua galega e matemáticas, para facilitar o acceso a formación con certificado de profesionalidade.
  • Obradoiro SÚMATE, para traballar a socialización diferencial cun grupo de homes privados de liberdade, a través de accións grupais e individuais.
  • Proxecto ABEIRO, formación ocupacional en rama sanitaria (Técnicas de Auxiliar de psiquiatría), para internos e internas de apoio.
  • Obradoiro de terapia asistida con animais: procuramos proporcionar un estímulo multi-sensorial, traballar o estilo de comunicación asertiva e potenciar as emocións positivas a través da terapia asistida con animais cun grupo de persoas privadas de liberdade.
  • Formación Ocupacional: coa que capacitar a un grupo persoas internas para desempeñar a ocupación de Auxiliar de Xeriatría en institucións sociosanitarias.

 

Itínere é un programa de carácter anual que se desenvolve de xaneiro a decembro.

Persoa responsable do Programa: María Rodríguez Lago

 

Contacto en Pontevedra - Vigo:

Telf.: 986 253 176 E-mail: itinerevigo@gmail.com

Móbil: 604 026 188

 

Contacto en Ourense:

Técnica de referencia: Lucía Lavandeira García

Móbil: 652 764 515 E-mail: itinereourense@gmail.com

 

Contacto na Coruña:

Técnica de referencia: Rosaura Romo Hernández

Móbil: 664 493 960 E-mail: itinere.coruna@gmail.com