Noticias
© Ayuntamiento de A Coruña | 15/02/2021 | Pacto social
Pacto social por una Coruña libre de violencias machistas
El pasado mes de enero, la Fundación Érguete-Integración se sumó al "Pacto Social por una Coruña libre de Violencias Machistas"
15/02/2021 | A Coruña
No pasado mes de xaneiro A Fundación Érguete-Integración sumouse ao “Pacto Social por unha Coruña libre de Violencias Machistas”. Unha iniciativa do Concello de A Coruña consistente nun proceso participativo e de dinamización cidadá na que se traballa conxuntamente nunha estratrexia de intervención fronte as violencias machistas. A finalidade é a procura dun modelo de convivencia máis igualitario e xusto.
Co Pacto comprometémonos a tomar conciencia e visibilizar o rexeitamento das violencias machistas, a identificar situacións, actitudes e formas nas que se expresan as violencias machistas no noso ámbito e actuar ante elas; e a poñer en marcha accións para a consecución dos obxectivos do Pacto Social.
Deste xeito contribuímos a favorecer unha maior igualdade; a reducir os custes sociais e económicos xerados pola discriminación por razón de sexo, xénero e orientación sexual; a mellorar a confianza e a imaxe da nosa entidade; e a ser un exemplo real de que é posible promover cambios desde un programa coma o noso.
Archivada en:
Infórmate > Noticias
Qué hacemos > Programas | Proyectos | Servicios Actuales > IGUALDAD > Plan de Igualdad