Cookies

Noticias 

© entrepeneur.com | 31/12/2018 | Eufrosina Cruz

Eufrosina Cruz, a muller que cambiou a política mexicana

Coa súa loita pola igualdade logrou cambiar a Constitución do seu país para que as mulleres poidan acceder a calquera cargo

31/12/2018

O 1 de xaneiro de 1979 nacía Eufrosina Cruz Mendoza no seo dunha familia tradicional de Santa María Quiegolani, un pobo indíxena da serra do sur de Oaxaca, México.


Na súa casa, como ocorría na das súas veciñas e veciños, recibiu unha educación que lle ensinou que as mulleres estaban destinadas a casar e ter fillos. De feito, isto mesmo foi o que o seu pai lle dixo cando, con 12 anos, ela manifestou o seu desexo de continuar cos seus estudos. Pero  Eufrosina non estaba disposta a aceptar o que os usos e costumes da súa cultura tiñan previsto para o seu futuro. E a pesar da súa curta idade, decidiu perseguir o seu soño e deixar a súa casa e o seu pobo para seguir coa súa formación en Tehuantepec. Alí vendeu chicles e froita na rúa e, co apoio dalgúns familiares, conseguiu o seu título como contadora na Universidad Autónoma Benito Juárez.

 

Pronto a súa vocación de axuda ao próximo levouna a interesarse pola política e pola discriminación que sufría a muller na súa comunidade, onde practicamente estaban vetadas da vida pública e política. Así, decidiu regresar en 2007 ao seu pobo e presentarse como candidata á presidencia municipal de Quiegolani. O réxime de usos e costumes en Santa María Quiegolani negoulle o exercicio do dereito para gobernar o seu municipio natal por ser muller e o seu opoñente Saúl Cruz Vázquez, ordenou destruír as  boletas electorais que apoiaban a  Eufrosina.


Nese momento, ante as peticións do seu pai que a acusaba de humillar á familia, Eufrosina expúxose tirar a toalla. Pero unha gran parte das mulleres do pobo, que eran vítimas dos mesmos abusos e discriminacións que impediran a súa vitoria pedíronlle que seguise coa súa loita. Aí comezou o seu defensa pola igualdade e os dereitos das mulleres da súa comunidade, estado e país.


Isto levaríaa a ser a primeira muller indíxena en presidir o Congreso do estado, en 2010; e a que en 2012 fóra elixida como deputada federal. Ademais, logrou que se fixesen reformas en Oaxaca e mesmo na Constitución mexicana para incluír o dereito das mulleres indíxenas a votar e ser votadas en calquera elección popular.

 

Contra a discriminación cara á muller en México e o mundo


Eufrosina converteuse en todo un símbolo e referente para o feminismo en todo o mundo. En especial reivindicouse como unha figura esencial na loita contra os abusos que as tradicións das comunidades indíxenas  infligen contra as mulleres. Pero tamén como modelo de política que busca facer o ben, chegando a recibir o recoñecemento de toda clase de personalidades e mesmo da ONU, como unhas das persoas que moven o mundo.


O que é seguro, é que  Eufrosina Cruz contribuíu e moito á loita pola igualdade real de oportunidades entre home e mulleres e que está disposta a seguir facéndoo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia