Cookies

Noticias 

© Mary Walker | 27/11/2018 | Mary Walker, a cirurxiá sufraxista

Mary Walker, a cirurxiá sufraxista

27/11/2018

 Mary Edwards  Walker (1832 – 1919) foi unha adiantada ao seu tempo, unha loitadora feminista,  prohibicionistas,  abolicionistas e cirurxiá americana. Recibiu a Medalla de Honra, a máxima condecoración das Forzas Armadas norteamericanas. A día de hoxe, segue sendo a única muller que a posúe.


Naceu en  Oswego (Nova York). Foi a menor de 5 fillas. De pequena traballaba na granxa familiar e para os labores agrícolas nunca usou roupa feminina. Considerábaa pouco práctica. Influenciada sen dúbida pola súa nai, que tamén era mestra na escola. A súa educación foi formada en igualdade.


Estudou medicina e, ao principio da Guerra de  Secesión, presentouse voluntaria civil ao exército da Unión. Tras anos de loita, déronlle o posto de cirurxiá auxiliar no 52º batallón. A miúdo,  Walker saltábase as liñas para atender a civís, acto polo cal foi condecorada.


Capturada por tropas inimigas e acusada de espionaxe, foi encarcerada na prisión de  Castle  Thunder, en  Virginia, onde permaneceu uns meses ata que foi liberada nun intercambio de prisioneiros.


Ao finalizar a guerra comezou a escribir e a transmitir en conferencias os seus principios e valores. Falaba sobre temas como a asistencia sanitaria, o sufraxio universal ou a reforma da vestimenta para mulleres. Foi arrestada por vestir “como un home”.


Durante moitos anos, loitou por conseguir o voto feminino.  Walker afirmaba que as mulleres tiñan dereito a votar e o Congreso, para levalo a cabo, tan só tiña que aprobar unha lexislación que o permitise. Tras numerosos anos de traballo, o movemento decidiu dirixir os seus esforzos á elaboración dunha emenda á Constitución, tendencia oposta ás ideas de  Mary, o que a distanciou do resto de líderes. O feito de que vestise “como un home” non fixo, senón agravar a situación.


Mary  Walker morreu en febreiro de 1919, de causas naturais. Fíxoselle unha homenaxe no cemiterio Rural de  Oswego, onde está enterrada cun traxe masculino en lugar dun vestido. A súa morte adiantouse un ano á Emenda á Constitución dos Estados Unidos que outorgaba o dereito das mulleres ao voto.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia