Cookies

Noticias 

© FEI | 24/08/2016 | Carmen Avendaño e equipo técnico dando a benvida ás persoas participantes no curso.

Sete persoas privadas de liberdade formaranse como axudantes de panadería

O 24 de agosto recibimos a un grupo de persoas en proceso de excarceración na nosa sede de Vigo, para darlles a benvida ao programa Reincorpora da Obra Social La Caixa. A nosa presidenta, Carmen Avendaño Otero, foi a encargada de abrir este saúdo e acollida.

24/08/2016 | Vigo

Durante os próximos seis meses o noso último grupo participante dun itinerario formación - servizo formarase como Axudante de Panadaría, realizando prácticas en empresas do sector, para pasar posteriormente á fase de procura activa de emprego e incorporación laboral. 

O programa Reincorpora, ademais de facilitar a adquisición de competencias profesionais, inclúe unha serie de contidos transversais que contribúen a que o grupo participante mellore individualmente desde as súas habilidades de comunicación e organización,  até a imaxe que teñen de si mesmos/as. O resultado tradúcese en persoas formadas, motivadas e capacitadas para desenvolver unha procura de emprego autónoma e o mantemento do mesmo.

Os nosos alumnos e alumnas teñen á súa disposición un equipo técnico con coñecemento do mercado laboral e dos recursos existentes para obter un emprego. Ademáis, contamos co apoio de empresas e agrupacións empresariais que brindan tempo e espazo para completar a formación nunha contorna real mediante prácticas non laborais.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora