Cookies

Noticias 

© FEI | 14/03/2018 | Presidentes do Foro

Constituido o I Foro pola Economía Social Galega

O acto xuntou en Santiago de Compostela a máis de 150 persoas

14/03/2018 | Santiago de Compostela

Dar visibilidade á economía social de cara á sociedade e aos principais axentes económicos, representando os seus intereses ante as institucións políticas, económicas e sociais e xerando as condicións adecuadas para o desenrolo das súas entidades son os principais obxectivos do Foro pola Economía Social Galega.

Esta asociación, presentada onte en Santiago foi constituida pola Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga), entidades que representan a 371 organizacións, con un volumen de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.

No manifesto fundacional, cuxa sinatura se levou a cabo no acto de onte, demándanse datos oficiais sobre a economía social en Galicia, que a saquen “da invisibilidade actual"; e que lle dean a presenza acorde ó seu peso económico nos centros onde se toman decisións sobre o desenvolvemento económico, social e de emprego.

Para acadar estes obxectivos, as cinco organizacións que constitúen o Foro solicitan que as administracións públicas aproveiten a oportunidade que posibilita a nova Lei de Contratos do Sector Público, no que respecta, de forma específica, á incorporación de cláusulas sociais e mercados
reservados para centros especiais de emprego e empresas de inserción.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias