Cookies

Noticias 

© FEI | 31/01/2018 | Sinatura Convenio Incorpora 2018

Sinatura do convenio anual entre Fundación Bancaria Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona “la Caixa” e o grupo Incorpora Galicia

Nun acto celebrado na sede de Igaxes3, asínase o convenio entre Fundación Bancaria “la Caixa” e o grupo Incorpora Galicia

31/01/2018 | Santiago de Compostela

Nun acto celebrado na sede de Igaxes3, asínase o convenio entre Fundación Bancaria Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona “la Caixa” e o grupo Incorpora Galicia, composto polas entidades Fundación Erguete-Integración, IGAXES3-Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Coordinación), FEAFES Galicia, APES-Asociación para a Prevención e a Educación Social, COGAMI e Fundación Juan Soñador.
 
Despois da benvida de Luís Barreiro, Presidente de Igaxes3, presentouse unha valoración dos resultados do programa Incorpora do ano 2017, a cargo de Sergi Burrull, Titor do grupo Incorpora Galicia, pondo de manifesto a satisfacción polo traballo realizado polas entidades deste grupo. Finalmente, interviñeron varios representantes das entidades, entre eles Carmen Avendaño, Presidenta da Fundación Érguete-Integración, que agradeceu a colaboración de “la Caixa”, imprescindible para facilitar a incorporación sociolaboral das persoas que acoden ás nosas entidades.
 
O obxectivo deste convenio é facilitar o acceso ao mundo laboral a colectivos especialmente fráxiles, entendendo por tales ás persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas con discapacidade, en xeral, persoas con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral, mediante a súa contratación por empresas públicas ou privadas que participen no mercado de traballo.
 
As actuacións que se realizan diríxense a:
 
  • as persoas vulnerables beneficiarias do programa
  • o tecido empresarial
  • os diversos axentes sociais e empresariais do territorio
Para realizar estas actuacións desenvólvense os programas IncorporaReincorporaPuntos de Formación y Punto de Autoempleo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Incorpora