Cookies

Noticias 

© FEI | 27/08/2019 | C.P. Monterroso en Lugo

Finaliza o Proxecto Abeiro no Centro Penal de Monterroso (Lugo)

O Centro Penal de Monterroso dispón de 8 internos formados para desenvolver a función de interno de apoio

27/08/2019 | Lugo

O Proxecto ABEIRO comezou a súa primeira Edición no Centro Penal de Monterroso (Lugo) o pasado mes de maio. Con este proxecto a Fundación Érguete - Integración a través do Programa ITINERE ampliou en 2019 a súa área de traballo nesta provincia.

 

Participaron inicialmente no proceso de selección máis de 15 persoas, das cales 10 foron elixidas en base ao seu perfil e interese para participar na formación.  Na mañá do 26 de agosto xunto ao Director do Centro D. Antonio Rivera e a Subdirectora de Tratamento Dna. Elvira Fernández, a Responsable do Proxecto e a Docente, despedimos esta actividade, a cal tivo unha duración de 4 meses, cunha carga lectiva de 207 horas formativas presenciais e 135 horas de traballo persoal; lecturas de temas, análises de casos prácticos, lecturas complementarias etc.

 

A figura de interno-a de apoio nun Centro Penal trata de velar e arroupar a aqueles internos ou internas con problemas de saúde mental, coa intención de velar pola súa integridade física, mellorar a súa calidade de vida dentro da institución e evitar o seu illamento e baixa participación tanto en programas formativos, ocupacionais ou tratamentales.

 

Desde a nosa entidade agradecemos ao C.P. Monterroso a excelente acollida que deu a todo o equipo así como as facilidades que atopamos para desenvolver o noso traballo.

 

 

 

 

 

                         

“A través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia”.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere