Cookies

Axenda de actividades

COMEZA a 3ª edición do programa REINCORPORA INOUT na Lama

15 persoas privadas de liberdade comenzan un Itinerario Formativo en Operacións Básicas de Cociña, a través do programa Reincorpora da Obra Social la Caixa

04/03/2019 - 10/07/2019 | A Lama - Pontevedra

A Fundación Érguete - Integración será a entidade social responsable por 3º ano consecutivo de deseñar, supervisar e tutorizar os 15 Itinerarios Formativos a través dos cales se formarán en Operacións Básicas de Cociña un grupo de persoas privadas de liberdade no CP A Lama.

 

O Programa Reincorpora INOUT ten como finalidade mellorar as competencias persoais e profesionais, dotando ao alumnado de formación nun oficio para facilitar a inserción laboral tras o tempo de condena. 

 

O programa desenvólvese en dúas fases, a inicial cuxa duración é aproximadamente 4 meses, transcorre no medio pechado, superada esta primeira etapa o alumnado cuxo rendemento e actitude foron os adecuados progresan a medio aberto. Desde este medio realizan unha segunda formación oficio e prácticas en empresa. Posteriormente e co apoio da Técnica Reincorpora comezarán a procura activa de emprego e a súa incorporación ao mercado laboral.

 

 

       

 

 

Lugar de celebración:

Centro Penitenciario A Lama Monte Racelo s/n.

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora