Cookies

Noticias 

Axudas contras os desafiuzamentos e de emerxencia social 2018

Plan de axudas contra os desafiuzamentos e de emerxencia social do Concello de Vigo. O prazo de solicitude remata a finais de xaneiro.

05/01/2018 | Vigo

A finalidade destas axudas é a de apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar unha determinada situación de emerxencia social relacionada coa súa vivenda, coa súa alimentación básica ou con outras situacións que, de non ser atendidas, poderían derivar en marxinalidade ou exclusión social. Podes solicitalas nas oficinas de Benestar Social ata o 31 de xaneiro. ¿Cales son os requisitos? Ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo dende fai (polo menos) 6 meses, non dispoñer de ingresos suficientes e entregar toda a documentación solicitada no prazo establecido.

Para consultar documentación e formulario, pica esta ligazón.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias