Cookies

Noticias 

Campaña da Renda 2016, Marca a X Solidaria

Marcar a casiña solidaria é un pequeno xesto pero unha gran oportunidade para mellorar a vida das persoas.

16/05/2016

Declaración do IRPF 2016

Lembra a importancia de marcar a casiña de Actividades de Interese Social. Un xesto solidario que non te custa nada e que ao facelo, permite destinar un 0,7% dos teus impostos a máis de 1000 programas sociais que realizan as ONG e que atenden necesidades concretas das persoas.

É posible marcar a casiña de Actividades de Interese Social aínda que xa se marque a da Igrexa católica e destinar un 0,7% a cada unha delas. Simultaneando as dúas casiñas, a axuda non se divide, súmase.

Moitas grazas e axúdanos a difundir esta mensaxe, compartíndoa nas redes sociais ou co boca a orella.

Se queres mais información tédela nesta web: http://xsolidaria.org/


 

Arquivada en:
Colabora > Fai un donativo > Por que doar?