Cookies

Proxecto DANA

Proxecto DANA
Programa de defensa persoal e apoderamento para mulleres

O Proxecto DANA combina aspectos técnicos da defensa persoal con ferramentas psicoemocionais, de forma que as mulleres non só senten que teñen capacidade de actuar fronte a situacións de perigo físico, senón que aprenden tamén a xestionar emocionalmente este tipo de situacións, ademais da recoñecer e frear agresións psicolóxicas e emocionais.

Este proxecto pretende situar ás mulleres participantes como suxeito activo das súas vidas, dándolle a volta ao rol de vítima-pasiva que as mulleres adoitan adoptar por mor da educación recibida.

Esta acción divídese en dous bloques diferenciados:


a) Físico: Taller de defensa persoal

  • Mobilidade e agresións simples
  • Agresións básicas e por contacto
  • Situacións complexas e de perigo
  • Situacións reais e seguridade persoal

b) Psicolóxico/emocional: Taller de autoestima e igualdade

  • Autoestima e Empoderamento desde a perspectiva de xénero.
  • Autocoidado
  • Xestión das emocións
  • Desmitificación da figura do agresor
  • Ferramentas psicolóxicas

Coordinadora do proyecto:
Jenifer Dios Martínez
Contacto: 986253176 | tecnica.reincorpora@gmail.com