Cookies

Noticias 

© FEI | 15/11/2019 | Cartel cursos AFD 2020 FEI

Nova Oferta de Formación Gratuita: Cursos AFD 2020 na Fundación Érguete-Integración

Durante o vindeiro ano a entidade ofertará a persoas desempregadas 5 cursos de dúas especialidades: comunicación en linguas estranxeiras (inglés) e en lingua galega

15/11/2019 | Vigo

Estamos achegándonos ao remate do ano 2019 coa vista xa posta en tódalas iniciativas e programas que queremos levar a cabo o próximo ano. E como en todos estes 20 anos de historia da Fundación Érguete-Integración, a formación continúa a ser un pilar fundamental no traballo pola inserción sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social.


É por isto que lanzamos para o ano 2020 unha nova oferta formativa gratuíta de Cursos AFD encadrada na Formación subvencionada pola Xunta de Galicia e Ministerio de Empleo y Seguridad Social do Plan formativo para o emprego  da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021.

 

A idea é fomentar a formación en competencias clave; é dicir, eses coñecementos básicos que son requiridos para acceder a outras formacións, como é o caso dos Certificados de Profesionalidade. Estes teñen tres niveis. Para o nivel 1 non adoitan pedir unha titulación previa; pero para o nivel dous esixen, como mínimo, o graduado escolar e/ou equivalente á ESO; e para o nivel 3 o título de Bacharelato ou equivalente.

 

Se queres facer un certificado de nivel 2 ou 3, pero non tes a titulación esixida, hai que conseguir primeiro as competencias clave necesarias. Isto se pode facer cun Certificado de Profesionalidade do mesmo nivel ou un nivel inferior se é da mesma familia profesional; aprobando as probas de Competencias Crave ou cunha formación específica en Competencias Clave como a que ofertamos para o ano 2020 a través destes cursos AFD.

 

Competencias clave 2020 na Fundación
Co obxectivo de incentivar a formación das persoas desempregadas e axudar á súa capacitación e mellorar o seu futuro laboral, a Fundación Érguete-Integración impartirá o vindeiro ano 2020 cinco cursos AFD gratuítos de dúas especialidades. No caso de comunicación en inglés haberá un entre xaneiro e marzo, outro entre abril e xuño e un terceiro entre xullo e setembro. Para o de comunicación en lingua galega haberá dúas edicións, unha no mes de febreiro e outra en maio.


Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N2 

  • 20/01/2020 a 24/03/2020
  • 13/04/2020 a 15/06/2020
  • 01/07/2020 a 01/09/2020

Comunicación en lingua galega N2

  • 10/02/2020 a 26/02/2020
  • 04/05/2020 a 19/05/2020


O único requisito para poder acceder a estes cursos é estar en posesión da tarxeta de demandante de emprego. Non o dubides e inscríbete a través deste formulario.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > FORMACIÓN > Cursos AFD