Cookies

Axenda de actividades

ACTIVIDADE: Curso de monitor/a de comedor e transporte escolar

Formación de balde para monitor/a de comedor e transporte escolar con prácticas.

17/04/2017 - 30/06/2017 | Vilaboa

Se vives en Vilaboa, estás en situación de desemprego e tes interese en formarte en algo diferente, esta é a oportunidade. Trátase dun programa formativo gratuíto que inclúe formación, prácticas e orientación e intermediación laboral.

A formación constará dunha parte específica de profesionalización con prácticas en empresa, e a maiores, módulos transversais de igualdade, habilidades sociais, e novas tecnoloxías para a busca de emprego. A orientación e intermediación laboral estarán enfocadas á incorporación ao mercado laboral dos participantes.

Lugar de celebración:

Local Social "O Picho"

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Emprego Inclusivo