Cookies

Noticias 

© Fundación Barrié | 22/03/2018 | Rolda de prensa Convenio de Colaboración con Institucións Penais

A Fundación Barrié presenta os convenios de colaboración con Institucións Penais nos que participa a Fundación

Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e o privado na que a Fundación Barrié coordina o programa no que participa a Fundación Érguete

22/03/2018 | A Coruña

A Fundación Barrié, xunto coa Fundación Érguete e outras catro entidades, presentou hoxe xoves 22 de marzo dous novos convenios de colaboración con Institucións Penais, reafirmando así o seu compromiso e apoio cos centros penais de Galicia co obxectivo de traballar pola reinserción de persoas privadas de liberdade. Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na que a Fundación Barrié coordina os dous programas participados por Institucións Penais, Fundación Roviralta, FEAFES Saúde Mental Galicia, Fundación e Asociación Érguete.

A presentación contou coa intervención de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Anxo Yuste Castillejo, secretario xeral de Institucións Penais; Tomás Testor, secretario xeral da Fundación Roviralta; Xosé Ramón Girón, presidente de FEAFES Saúde Mental Galicia e Carmen Avendaño, presidenta da Fundación e da Asocaición Érguete. Ao acto asistiron ademais os directores do cinco centros Penais de Galicia: C.P. A Lama (Pontevedra); C.P Teixeiro (A Coruña); C.P. Bonxe (Lugo); C.P. Monterroso (Lugo) e C.P. Pereiro de Aguiar (Ourense); así como o director do CIS Carmela Arias.

Os dous programas englobados nos convenios desenvólvense nos diferentes graos e seccións do ámbito penal en Galicia e teñen enfoques diferentes dentro dun mesmo obxectivo, a reinserción:

  • Programa de apoio a módulos e actividades educativas en Centros Penais de Galicia
  • Programa de atención integral a persoas con enfermidade mental en Centros Penais de Galicia

A Fundación Érguete-Integración participa activamente na actividade educativa a través do Programa Abeiro.

Os dous convenios presentados abarcan unha colaboración a tres anos (2017-2019), cun investimento total de 600.451,50 euros.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere