Cookies

Noticias 

© FEI | 06/06/2016 | A nosa compañeira Rosaura Romo nun momento do acto

Acto de conmemoración dos dez anos do módulo UTE no CP Teixeiro

A semana pasada, o mércores 1 de xuño, conmemoráronse os dez anos da creación do módulo da UTE (Unidade Terapéutica) no Centro Penitenciario de Teixeiro.

06/06/2016 | Teixeiro

Ao acto de celebración acudimos as entidades que colaboramos co módulo. María Isabel Perez Martínez, directora de Acción Social, acudiu en representación da Fundación Barrié: Gerardo Sabio e Helena Insua en representación de ASFEDRO e da Fundación Erguete, ademais da coordinadora, fomos as técnicas do programa Itinere e Sisifo que traballamos en A Coruña.

Tamén estiveron presentes os subdirectores do Centro Penitenciario Teixeiro e do Centro de Inserción Social da Coruña, xunto ao equipo técnico e os funcionarios do módulo.

En primeiro lugar, cada entidade comentou o traballo que desenvolven no módulo e despois, abriuse unha quenda de preguntas onde os internos podían consultarnos sobre as súas inquietudes e o seu proceso cara á liberdade. Ao acabar entregáronnos un agasallo feito por eles nos talleres a cada unha das entidades.

Despois, algúns dos internos interpretaron cancións compostas por eles mesmos falando da súa vida en prisión, pechando o acto cuns pinchos que puidemos gozar todos xuntos.

Un acto moi bonito e emotivo do que nos encantou poder formar parte.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere