Cookies

Axenda de actividades

INICIO COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2

17 persoas privadas de liberdade, inician a preparación para a proba de certificación en Competencias Clave Nivel 2 

25/02/2019 - 27/05/2019 | A Lama - Pontevedra

A Fundación Érguete - Integración a través do Programa Itínere desenvolve desde o 25 de febreiro a IV Edición do Programa formativo para a obtención do Certificado en Competencias Clave Nivel 2.


Participan nesta actividade 15 homes e 2 mulleres privadas de liberdade no Centro Penal da Lama (Pontevedra).


A formación desenvólvese dentro da propia institución a través de clases presenciais de Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas. O alumnado formado será presentado á proba oficial no mes de maio. Desde o ano 2016 realizaron esta actividade un total de 47 persoas internas neste centro, con este novo grupo serán 64 as persoas matriculadas.


A certificación en Competencias Clave é unha oportunidade para acceder a formación con Certificado de Profesionalidade o que facilita as posibilidades de incorporación laboral tras o tempo de condena.

 

                                   

Lugar de celebración:

Centro Penal A Lama Monte Racelo s/n

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere