Cookies

Noticias 

Internos e internas do C.P. A Lama superan a proba de competencias clave

A actividade foi organizada pola Fundación Érguete-Integración.

14/06/2016 | A Lama

Como xa adiantamos no mes de marzo, Fundación Érguete-Integración a través do programa ITINERE realizou no Centro Penal da Lama unha actividade académica para quince persoas, cuxa finalidade foi preparar ao grupo para a proba de COMPETENCIAS CLAVE NIVEL II: lingua castelá, lingua galega e matemáticas.

A proba foi convocada con carácter específico o 23 de maio para estas persoas dentro do propio establecemento penal, ao ter restrinxidas as saídas ao exterior, xa que a súa clasificación penal é  2º grao.

Dispomos xa das cualificacións dos nosos/as 15 alumnos/as (13 homes e  2 mulleres), o grupo superou as tres competencias clave, o que os achega un pouquiño máis a un certificado de profesionalidade a través da Formación para o Emprego que o Organismo Atónomo desenvolverá nos próximos meses.

Desde Fundación, sentimos orgullo polo esforzo realizado durante os tres meses previos á proba, onde o grupo tivo clases presenciais de luns a venres, exercicios  evaluativos e tarefas individuais.

PARABÉNS!!

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere