Cookies

Noticias 

© FEI | 14/05/2019 | A docente Luisa Kirmayer e a alumna en prácticas na Fundación, Carolina Tella.

Comezo do Proxecto ABEIRO no C.P. de Teixeiro (A Coruña)

Dez persoas internas do Centro Penitenciario de Teixeiro comezan a súa fomación para traballar como internos/as de apoio

14/05/2019 | A Coruña

Este luns, 13 de maio, arrincou o proxecto Abeiro no Centro Penal de Teixeiro (A Coruña) grazas ao apoio da Fundación Barrié e a Fundación Roviralta.


Neste proxecto participan 10 persoas que se formarán como Auxiliares de Psiquiatría, co que non só poderán conseguir unha titulación homologada, senón que adquirirán as competencias necesarias como para desenvolver tarefas de interna/o de apoio.

 

As sesións de formación técnica acompañásense paralelamente cun adestramento en competencias persoais. O proxecto, ademais de atender o obxectivo de formar internas/os de apoio, tamén aspira a preparar a estas persoas para a súa futura vida en liberdade e a súa inserción sociolaboral.

 

Luisa Kirmayer será a docente especializada en levar a cabo a formación, así que só nos queda agradecerlle o seu esforzo e dar ánimo aos participantes que comezan este novo reto.


O proxecto Abeiro realízase a través da subvención destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección por VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere