Cookies

Noticias 

© FEI | 05/05/2016 | Obradoiro de Atención ao Cliente e Comunicación

Colaboración voluntariado corporativo la Caixa

05/05/2016 | A Coruña

 O martes, 3 de maio, comezou a colaboración da Fundación Érguete-Integración co programa de Voluntariado Corporativo da Obra Social “La Caixa”, para levar a cabo o servizo á comunidade dos alumnos Reincorpora que están cursando “Actividades auxiliares de dependente, caixa e reposición” no punto formativo Incorpora da Coruña.

Esta colaboración desenvólvese no C.I.S. Carmela Arias e Díaz de Rábago na Coruña, onde unha voluntaria de “La Caixa”, Marina, comezou a impartir un taller de “Atención ao cliente e Comunicación”. O taller comezou este martes de tarde e desenvolverase todos os martes de maio de 17:00 a 19:00.

Marina, para quen a comunicación é unha ferramenta fundamental no seu traballo, durante as sesións, intentará mellorar as capacidades comunicativas do alumnado para enfrontarse, tanto ao mercado de traballo, como para facilitar a súa adaptación á vida en liberdade, onde se van a ter que enfrontar continuamente a situacións nas que unha boa comunicación póidalles axudar.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora