Cookies

Noticias 

© FEI | 11/12/2017 | Gravación de vídeo formativo en colaboración coa Universidade Internacional de Valencia

Colaboración entre a Fundación Érguete-Integración e a Universidade Internacional de Valencia (VIU)

Responsables dos programas Sísifo, Itínere, e a E.I.L. Cormo Integral da Fundación Érguete-Integración, gravaron un vídeo docente para o Máster Universitario en Prevención de Drogodependencias e outras condutas aditivas da Universidade Internacional de Valencia.

11/12/2017 | Madrid

O pasado 27 de novembro, as compañeiras dos programas Sísifo, Itínere e E.I.L. Cormo Integral, desprazáronse a Madrid para gravar un vídeo docente sobre o tema “Prevención en drogodependencias: Redución de riscos, Ámbito comunitario e Ámbito laboral", que se impartirá no Máster Universitario Prevención de Drogodependencias e outras condutas adictivas da Universidade Internacional de Valencia.

O vídeo mostra o traballo en rede que se realiza nunha entidade social (Fundación Érguete-Integración) utilizando como fío condutor o caso dun varón drogodependente.

Durante a duración do mesmo, o alumnado poderá ver como un beneficiario dun programa de intervención social (Programa Sísifo) recibe un requirimento de ingreso en prisión logo de ter estabilizado a súa situación persoal. O usuario é acollido polo programa de intervención sociolaboral no medio penitenciario (Programa Itínere) dando continuidade ao traballo realizado desde o Programa Sísifo. Finalmente, este beneficiario progresa de grao a un centro de inserción social, dende o cal se prosegue co apoio e acompañamento (Programa Sísifo-Programa Itínere) ata a incorporación laboral a través da Empresa de inserción social Cormo SLU de Fundación Érguete-Integración.

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo